arriba
Domingo, 7-Decembro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


erasmus
Luns, 12-Maio-2025

Erasmus+ CIFP Compostela. Mobilidades de docentes

As profesoras do Departamento de Idiomas Mercedes Teijeiro e Purificación Cabido están a realizar unha mobilidade Job Shadowing na cidade de Lorient no Campus de Notre Dame de la Paix, do 1 ao 8 de Maio. Trátase dunha observación in situ do sistema educativo francés, do funcionamento das bibliotecas escolares e da cultura bretona.
Nesta estadía visitaron o Lycée Notre Dame de la Paix, o Lycée Saint-Louis e o Collège Saint-Louis, integrándose nas aulas de inglés, francés, español, e TIC, tanto de formación profesional como de bacharelato.

Silvia Fernández, participou mediante o programa Erasmus+ KA131 nunha mobilidade de observación laboral. Esta mobilidade realizouse no CFA de Aucaleuc, centro de educación en alternancia da Bretaña francesa, durante a estancia a profesora puido acompañar a docente Tania Dutertre buscando un intercambio de
boas prácticas, a inspiración mutua e mellora do desenvolvemento profesional.

 img#32636



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.