
O club de lectura do @cifpcompostela estivo representado na XVII Xornada de clubs de lectura.
Iria Cajuso e Merce Teijeiro abriron a xornada conversando con Paula Carballeira, autora que recibiu o premio dos clubs de lectura pola obra de teatro As Alumnas.
Paula Carballeira recibiu o Premio dos Clubs de Lectura 2025 que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2023/24.
Podedes consultar aquí o programa de toda a xornada.








