arriba
Mércores, 18-Febreiro-2026

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acfacreditacionsbibliotecacelebracionsclub-de-lecturaconvivenciacorrespondentesedlgemprendementoerasmusigualdadeinnovacionmatriculaplurilingueprobas-libres
Xoves, 25-Setembro-2025
Convocatoria dos Programas Eduemprende 2025-26 - Foto

Convocatoria dos Programas Eduemprende 2025-26

Finalidade:

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, Eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades transmitirá á comunidade educativa.

O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.


Destinatarios:
Eduemprende vai dirixido a:

Todos os centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia que impartan os niveis de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, bacharelato, programas de cualificación profesional inicial, ensinanzas para persoas adultas, formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño, e ensinanzas deportivas.

Todos os membros da comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal orientador, familias, centros e calquera outro axente que interveña no sistema educativo e que poida incidir na cultura do emprendemento e a empresarialidade.

 A convocatoria do actual curso 2025-26 podedes consultala en: https://www.edu.xunta.gal/fp/convocatoria-programas-plan-eduemprende-2025-2026


O prazo de presentación de solicitudes estará aberto desde o día 11 de setembro ata o 10 de outubro de 2025, ambos os dous incluídos.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.