arriba
Xoves, 29-Xullo-2021

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


Luns, 5-Xullo-2021
Acreditación de Competencias_2021 - Foto

Acreditación de Competencias_2021

Programa cofinanciado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional no marco do Programa de Cooperación Territorial “Plan De Formación Profesional Para El Crecimiento Económico y Social y La Empleabilidad”, e pola Unión Europea-NextGenerationEU

Atópase máis información na nosa web: Oferta educativa/ Acreditación de Competencias profesionais

O obxecto da acreditación de competencias é recoñecer, avaliar e acreditar a competencia adquirida a través da experiencia laboral e outras aprendizaxes non formais.

A finalidade consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación, así como acreditar as compentencias profesionais adquiridas polas persoas traballadoras e contribuír así á capitalización dos seus saberes e ao fomento da súa aprendizaxe ao longo da vida.

As unidades de competencia constitúen o referente que lles proporciona a identidade profesional ás persoas aspirantes, e fai posible a transformación dos datos procedentes da súa actividade profesional e das aprendizaxes non formais en evidencias de competencia válidas para a avaliación do seu desempeño activo.

A acreditación de unidades de competencia farase sobre as unidades de competencia dos títulos de formación profesional vixentes.

A nova convocatoria de Acreditación de competencias profesionais 2021 virá marcada por novidades establecidas pola ORDE do 4 de xuño de 2021 pola que se regula, no ámbito do sistema educativo da Comunidade Autónoma de Galicia, o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral para unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais (código de procedemento ED517B).

Máis información en: https://www.edu.xunta.gal/fp/acredita

O correo electrónico de contacto para Acreditación de Competencias no CIFP Compostela: acreditación.cifp.compostela@edu.xunta.gal

IMPORTANTE: Antes de realizar a SOLICITUDE na plataforma recomedamos ler as seguintes aclaracións: Preguntas frecuentes para presentar solicitudes de acreditacións na convocatoria 2021



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional