
Estamos de noraboa!! tres medallas en Galicia SKills 2025 para participantes do CIFP Compostela!.
Acaba de finalizar a entrega de premios de Galicia SKills 2025 e queremos felicitar as alumnas e preparadores do CIFP Compostela:
- Medalla de ouro en cociña: Emily Rincón Saldarriaga e o seu preparador Daniel Pulzoni Cupeiro.
- Medalla de prata en Panadaría: Alejandra González Vega e o seu preparador Manuel Patiño Carou.
- Medalla de prata en Servizo de Restaurante e bar: Alba Figueiras Regengo e o seu preparador Diego Mosquera Miramontes.
Dámoslle tamén a noraboa as nosas participantes e preparadoras:
- Atención Sociosanitaria: Antía Fraga Pallas e a súa preparadora Sandra Pena Rodríguez.
- Recepción hoteleira: Mar Pérez Farto e a súa preparadora Iría Cajuso Becerra.

Moitas grazas polo traballo realizado!
Facemos extensiva a nosa noraboa a todas e todos os gañadores en Galicia Skills 2025 e, como non, felicitar a todas as persoas participantes polo seu esforzo, formación e ilusión.








