
25N "Día Internacional contra as violencias de xénero", dende a Coordinación de Igualdade anuncian dúas charlas coloquio.
Animamos ao estudantado a participar!!!
- Luns 24 ás 12.30h no Salón de actos: A violencia machista, un problema global que precisa compromisos locais. Coas Defensoras de Dereitos Ana Donis, Milagro Alvarado e Juventina López. Galicia Abriga
- Venres 28 ás 12.30h na Biblioteca A vida das mulleres en tempo de guerra e xenocidio. Vivir en Gaza hoxe. Sara Aushour Alyazji, activista palestina e María Rúa, investigadora, profesora e xornalista especialista en xénero e relacións internacionais.
Dende a Coordinación de Igualdade, solicitan que, para poder organizarnos e completar o aforo do Salón de Actos (136 asentos) e Biblioteca (70 asentos) confirmedes asistencia (contestando ao correo enviado dende Igualdade) máximo o xoves día 20 de novembro e indiquedes:
Charla Coloquio elexida:
Ciclo e curso:
Numero de estudiantes:
Profesorado responsable:








