arriba
Sábado, 6-Decembro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


igualdade
Mércores, 19-Novembro-2025

Xa temos o programa completo de actividades arredor do 25N "Día Internacional contra as Violencias de Xénero"

Dende a Coordinación de Igualdade infórmanvos que hai actividades toda a semana, como o Punto Lila, a Mesa de Boas Lecturas, o Cine forum e o Mapa de Peters, hai actividades para participar en grupo como as Charlas Coloquio e para participar de forma individual como o Concurso de Arte Postal contra as Violencias Machistas e desigualdades de Xénero.... animádevos a participar.

Hoxe, como sempre, temos que facer acción educativa para a avanzar na eliminación das desigualdades, discriminacións e violencias de xénero, e esta semana para a sensibilización e toma de conciencia é a proposta que facemos dende a coordinación de Igualdade do CIFP Compostela coa colaboración de todos os Departamentos e algunhas ONG"s.

Achégannos  o cartel co programa de actividades para que o poidades compartir e animar ao estudantado a que participe.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.