Programa completo de actividades arredor do 25N "Día Internacional contra as Violencias de Xénero"
Dende a Coordinación de Igualdade realizaron actividades, como o Punto Lila, a Mesa de Boas Lecturas, o Cine forum e o Mapa de Peters, houbo actividades para participar en grupo como as Charlas Coloquio e para participar de forma individual como o Concurso de Arte Postal contra as Violencias Machistas e desigualdades de Xénero.... animádevos a participar.
Hoxe, como sempre, temos que facer acción educativa para a avanzar na eliminación das desigualdades, discriminacións e violencias de xénero, e esta semana para a sensibilización e toma de conciencia é a proposta que facemos dende a coordinación de Igualdade do CIFP Compostela coa colaboración de todos os Departamentos e algunhas ONG"s.










