arriba
Sábado, 6-Decembro-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


bibliotecaclub-de-lecturaedlgigualdade
Venres, 21-Novembro-2025
III Castañazo contra violencias machistas. - Foto

III Castañazo contra violencias machistas.

Desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, a Comisión de Igualdade do CIFP Compostela e a Coordinación de Biblioteca impulsamos unha nova edición III Castañazo contra as violencias machistas, un magosto no que colaboran, diferentes grupos de alumnado e profesorado: de Aloxamento e Lavandaría, Integración Social, Educación Infantil... Desta volta, no marco dun programa máis amplo de actividades desenvolto pola Comisión de Igualdade durante esta semana reivindicativa do 25N, "Dia Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres".

Desenvolverase onde o curso anterior, na entrada principal (se chove, nos soportais da cafetería), o xoves 27 de novembro a partir das 13:00 horas. Facilitarase, nos casos que sexa posible, o cambio da actividade lectiva para a participación no magosto, polo que os grupos participantes acudirán ao mesmo acompañados polo profesorado correspondente.

Haberá, ademais de castañas, un posto da Biblioteca con fondos específicos sobre feminismo, prevención das violencias, o magosto, o outono... dinamizado por alumnado de Integración Social, xogos populares a cargo do alumnado de Educación Infantil e, como non, o grupo de música do CIFP "Abadiño Son", que amenizará a festa.

O sentido deste magosto, ademais de facermos comunidade, é loitar contra as violencias machistas.

No cartaz que se xunta tedes toda a información. Vémonos o xoves!



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.