
Formación Dixital
Desde a Xunta de Galicia puxeron en marcha o programa Formación Dixital, unha iniciativa de formación online e gratuíta en competencias dixitais intermedias.
Este curso está aberto a toda a cidadanía maior de 14 anos que resida en España, non sendo necesario dispoñer de DNI español (pódese acceder tamén con NIE ou pasaporte).
Ademais, a formación pódese realizar tanto en galego como en castelán, segundo a preferencia de cada persoa.








