
Obradoiro sobre Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais
Alumnado e profesorado da FP Básica, asistiron ao obradoiro “Iniciación segura á pegada dixital e ás redes sociais”, onde traballaron sobre uso responsable das TIC, reforzando a competencia en redes sociais, facendo fincapé na identidade dixital e na privacidade.
O obradoiro estivo impartido por Claudia Arias, formadora da AMTEGA, coordinado pola biblioteca escolar dentro do marco de accións do Plan Dixital do CIFP Compostela.








