arriba
Mércores, 18-Febreiro-2026

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


bibliotecaedlg
Mércores, 21-Xaneiro-2026
XIII edición da Mostra do Entroido Galego - Foto

XIII edición da Mostra do Entroido Galego


Como sabedes achégase a XIII edición da Mostra do Entroido Galego que cada ano dedicamos a un dos entroidos galegos e que pretende dar a coñecer entre a comunidade educativa formada polos centros participantes (CEIP Lamas de Abade, CEIP Apóstolo Santiago, CEIP Pérez Viondi, EI A Raiola, Colexio ASPANAES, IES Lamas de Abade e CIFP Compostela) as diferentes manifestacións dos entroidos galegos.

A Mostra, que este ano dedicamos aos Galos da Mezquita (A Merca - Ourense) e a posterior ronda en comparsa polos centros de ensino, será na mañá do venres día 6 de febreiro, polo que desde o EDLG solicitamos, na medida do posible, non programar para esa data probas de avaliación, sobre todo naqueles grupos con interese na actividade.

Como participar?

Aínda que se darán indicacións nos próximos días para a participación dos grupos, o propio día da celebración, tanto no Salón de Actos como pola contorna da aldea, os grupos interesados, sempre acompañados polo profesorado correspondente, poderán facelo de dúas formas:

Facendo parte da Cofraría do Sr. Abade, a modo de cofrades e membros da procesión da Purísima Calidade.
Como Galos da Mezquita. Para o que cada quen poderá construir o seu propio traxe.
Como integrantes do "Abadiño Son", grupo de música tradicional que terá os seus próximos ensaios abertos o xoves 22 e venres 30 de xaneiro no salón de actos (xunto cartaz).

O profesorado que teña interese en que os seus grupos participen dun ou doutro xeito na festa do día 6, informade ao equipo de EDLG. Para a confección do chapeu,  acheganvos unha publicación elaborada polo CEIP Apóstolo Santiago para que valoredes.


Como sabedes, novamente está convocado conxuntamente coa Biblioteca o III Concurso de Microrrelatos sobre conflitos bélicos até o 31 de xaneiro. Hai moito alumnado que gosta de escribir. Animade á participación!



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.