
Taller TALENTOP no marco do programa Eduemprende
O alumnado de FPB de Artes Gráficas, Aloxamento e lavandaría , Cociña e restauración, participou recentemente na actividade TALENTOP, un taller formativo incluído dentro do programa Eduemprende, orientado a potenciar habilidades clave para o desenvolvemento persoal e profesional.
Durante a sesión traballáronse tres competencias fundamentais para afrontar con éxito os retos do presente e do futuro:
O pensamento estratéxico, aprendendo a analizar situacións e tomar decisións con visión de futuro.
A busca de solucións creativas, fomentando a innovación e a capacidade para resolver problemas de maneira diferente.
A comunicación persuasiva, mellorando a expresión e a habilidade para transmitir ideas con seguridade e eficacia.
Esta experiencia permitiu ao alumnado descubrir ferramentas útiles para o seu crecemento, reforzar a súa confianza e desenvolver competencias moi valoradas no ámbito laboral e emprendedor.








