arriba
Venres, 13-Marzo-2026

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


bibliotecaclub-de-lecturaedlg
Luns, 9-Febreiro-2026
IX Festa das Letras Vivas.  "Os tres pés para.. un Suso", unha proposta musical do trío formado por RobertoSobrado, Pepe Constenla e O Leo e Arremecághona. - Foto

IX Festa das Letras Vivas. "Os tres pés para.. un Suso", unha proposta musical do trío formado por RobertoSobrado, Pepe Constenla e O Leo e Arremecághona.

Retomamos a IX Festa das Letras Vivas, coa habitual mostra de propostas escénicas, musicais e culturais arredor da lingua galega que pasarán polo salón de actos até final de curso.

Desde o EDLG en colaboración coa Biblioteca, teremos no salón de actos a presentación do proxecto-disco "Os tres pés para.. un Suso", unha proposta musical do trío formado por RobertoSobrado, Pepe Constenla e O Leo e Arremecághona.

O concerto terá un dobre pase este xoves 12 de febreiro, ás 11:30 para os grupos da mañá e ás 16:00 para os grupos da tarde e terá unha duración aproximada de 70 minutos.

Como saberedes esta proposta está aberta á participación dos grupos de alumnado do CIFP Compostela que así o solicitedes. Facede a solicitude de participación co voso grupo ao correo do EDLG, que será rexistrada por orde de chegada até completar o aforo do salón de actos. A semana que seredes informadas/os aqueles grupos seleccionados. 



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.