arriba
Venres, 13-Marzo-2026

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acfacreditacionsbibliotecaclub-de-lecturaedlgemprendementoerasmusigualdadeinnovacionmatriculaplurilingueprobas-de-accesoprobas-libres
Xoves, 26-Febreiro-2026
O alumnado da FP Básica participa nun taller de resolución de conflitos - Foto

O alumnado da FP Básica participa nun taller de resolución de conflitos

Dentro do programa ACTÚA de EDUEMPRENDE O alumnado da FP Básicade Artes Gráficas e Aloxamentos e lavandería participou recentemente nun enriquecedor taller de resolución de conflitos, unha actividade orientada a fortalecer as súas habilidades sociais e emocionais nun contexto práctico e participativo.
Ao longo da xornada, a través de dinámicas grupais e xogos de rol, as alumnas e alumnos tiveron a oportunidade de identificar os distintos tipos de conflitos que poden xurdir no ámbito persoal, académico e profesional. Así mesmo, analizaron as diferentes fases polas que adoita pasar un conflito, desde a súa aparición ata a súa posible resolución.
O taller permitiu reflexionar sobre a importancia da comunicación, da escoita activa e da empatía como ferramentas fundamentais para a convivencia. Un dos aspectos máis destacados foi a capacidade do grupo para transformar os conflitos en oportunidades de aprendizaxe e mellora, entendéndoos non como situacións negativas, senón como ocasións para medrar, reforzar relacións e adquirir competencias clave para o seu futuro laboral.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.