arriba
Mércores, 22-Abril-2026

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acfacreditacionsbibliotecaclub-de-lecturaedlgemprendementoerasmusigualdadeinnovacionmatriculaplurilingueprobas-de-accesoprobas-libres
Xoves, 9-Abril-2026
A nova aula de simulación avanzada de hostalaría do CIFP Compostela integra as últimas tecnoloxías do sector en prol da mellor formación dos estudantes - Foto

A nova aula de simulación avanzada de hostalaría do CIFP Compostela integra as últimas tecnoloxías do sector en prol da mellor formación dos estudantes

A directora xeral de FP, Eugenia Pérez, visitou esta mañá a nova aula de simulación avanzada para hostalaría, Hotel 4.0 Espazos Accesibles e Dixitais, instalada no Centro Integrado de FP Compostela pola Xunta, e que permite ao alumnado practicar en situacións moi similares ao entorno real dun establecemento hoteleiro.

Tal e como explicou a representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP, “este tipo de instalacións integran as últimas tecnoloxías dixitais que se empregan o sector, o que nos permite ofrecer ao alumnado da Formación Profesional a mellor cualificación, con coñecementos acordes aos demandados nun posto de traballo”. Neste sentido, a directora xeral destacou o traballo do centro compostelán para “brindar sempre aos estudantes as mellores opcións formativas no ámbito da familia profesional de Hostalaría e turismo, na que son un claro referente en Galicia”.

O obxectivo deste proxecto do CIFP Compostela é implementar melloras clave na xestión hoteleira mediante a dixitalización, a intelixencia artificial e tecnoloxías innovadoras. No que atinxe á recepción do cliente, incorpora un sistema de rexistro dixital avanzado que optimiza procesos e reforza competencias tecnolóxicas; mentres que no relativo á estadía crea unha habitación accesible e domotizada con intelixencia artificial que promove a inclusión e a innovación. Ademais, a saída do cliente e a limpeza xestiónanse a través dun sistema de tecnoloxía de identificación por radiofrecuencia que mellora o control de existencias, a planificación do servizo e a calidade operativa.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.