
Convocatoria programa Eduemprende_Idea
Dende a Coordinación de Emprendemento lémbrannos que o prazo para participar no Concurso Eduemprende iDEA 2026 impulsado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e que busca alentar o espírito emprendedor no alumnado das ensinanzas de Formación Profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño de Galicia, remata o 15 de maio
Como ven sendo habitual premiarase os tres mellores proxectos de empresa:
Modalidade A: ciclos de grao superior e cursos de especialización. 1º premio: 3.000 €. • 2º premio: 2.000 €. • 3º premio: 1.000 €.
Modalidade B: ciclos de grao básico e grao medio. 1º premio: 3.000 €. • 2º premio: 2.000 €. • 3º premio: 1.000 €.
As solicitudes presentaranse a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (código de procedemento TR880C)
Podedes consultar a convocatoria no seguinte enlace: ORDE do 29 de decembro de 2025 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2026 dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos (código de procedemento TR880C).








