arriba
Mércores, 19-Xaneiro-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


erasmus
Venres, 14-Xaneiro-2022

Aspectos principais a ter en conta ante casos confirmados e contactos estreitos Covid (actualización xaneiro 2022)

01/2022: Ante a publicación de novos protocolos de xetión epidemiolóxica en centros educativos, destacamos os aspectos principias a ter en conta:

  • As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.
  • Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.
  • Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.  A notificación varía dependendo de como se realizase a proba de autodiagnóstico:
    -Autodiagnóstico realizado CON supervisión dun farmacéutico: será o farmacéutico quen notifique o caso positivo a Saúde Pública.
    -Autodiagnóstico realizado SEN supervisión dun farmacéutico: a persoa debe cubrir o formulario de DECLARACIÓN RESPONSABLE DE AUTOTEST POSITIVO dispoñible na páxina web do coronavirus [ligazón] ou chamar ao 881 540 045

- En todo caso deberase avisar ao CIFP Compostela a través do correo: cifp.compostela@edu.xunta.gal cubrindo a declaración responsable correspondente: Declaración responsable alumnado ou Declaración responsable persoal docente e non docente.

  • A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2 metros dun caso positivo ata as 48 horas antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara)
  • O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada a día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

O protocolo Covid do CIFP Compostela engade como anexo as instrucións establecidas no: PROTOCOLO DE VIXILANCIA E CONTROL EPIDEMIOLÓXICO FRONTE AO VIRUS SARS-CoV-2 (COVID-19) NO ÁMBITO EDUCATIVO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA (14/01/2022)



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional