Convocatoria de dúas mobilidades Erasmus+ Persoal para Formación _Ciclos Superiores
Convocatoria de dúas bolsas para Persoal para Formación Erasmus+ K103 (curso 2021-2022)
Obxecto da convocatoria
Concesión de 2 bolsas Erasmus+ K103 de Mobilidade de Persoal para Formación (Staff Mobility for Training Mobility Agreement) mediante un período de observación “job shadowing” nunha empresa ou nun centro dun país pertencente ao Programa Erasmus+ KA103, cunha duración total de cinco días (sen contar viaxes) dentro do proxecto 2019-1-ES01-KA103-061359
Destinatarios
Profesorado de Ciclos Formativos de Graos Superiores, con destino no CIFP Compostela durante o curso 2021-2022, interesado en realizar unha estadía formativa de 5 días de duración nunha empresa ou centro, en período de observación “job shadowing” (neste presente curso e con anterioridade ao 31/05/2022) no ámbito da Unión Europea ou en países do Programa non pertencentes á UE (ver apartado “País e empresa de destino” da convocatoria). Importante: a concesión da bolsa queda suxeita a que no momento de comezo de realización da estadía formativa, o docente teña como destino o CIFP Compostela, ben sexa de xeito provisional ou definitivo.
Requisitos para participar na selección
- Ser docente do CIFP Compostela (con carácter definitivo ou provisional) durante o curso 2021/2022, de Ciclos Formativos de Grao Superior.
- Posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou ben en inglés (lingua vehicular da UE).
- Presentar un proxecto de actividade correspondente a formación a realizar coa empresa ou centro de destino concertado, no que se inclúan: obxectivos xerais e específicos da mobilidade, programación de actividades e calendario previsto, relación da mobilidade coa especialidade impartida, resultados esperados e aplicación dos resultados na aula.
- Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Contía da bolsa
A contía da bolsa terá un importe máximo de 800.- euros. Trátase dunha axuda económica para todo o período e todos os conceptos. O importe final concedido, conforme establece a normativa reguladora de Erasmus+, dependerá do país de realización da formación.
Período de estancia
Duración de 5 días, excluídos días de viaxes.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes é do 27 de xaneiro de 2022 ao 14 de febreiro de 2022, ámbolos dous incluídos.
Os docentes interesados presentarán a solicitude en Secretaría, xunto cunha copia do DNI, copia da certificación de idioma (se fose o caso) e proxecto da formación a realizar.
Acceso as bases da convocatoria:
Convocatoria de dúas bolsas para Persola para Formación Eramus+ KA103
Acceso á solicitude: