arriba
Xoves, 19-Maio-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


acreditacionsclube-de-lecturacorrespondentesedlgerasmus
Mércores, 20-Abril-2022

Información Covid

(20/04/2022) Medidas de prevención aplicables na Comunidade Autónoma de Galicia

Real Decreto 286/2022, de 19 de abril, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por la COVID-19

https://boe.es/boe/dias/2022/04/20/pdfs/BOE-A-2022-6449.pdf

As medidas previstas terán efecto desde as 00.00 horas do día 20 de abril de 2022


MANTENSE A OBRIGATORIEDADE DO USO DA MÁSCARA (persoas maiores de 6 anos en adiante)

Nos centros, servizos e establecementos sanitarios.

Centros sociosanitarios e, en particular, nas residencias de maiores.

Nos medios de trasporte.

RECOMENDACIÓNS:

Persoas en risco: maiores de 60 anos, inmunodeprimidos, persoas con patoloxías previas e embarazadas.

En reunións con persoas en risco.

En reunións con persoas en risco.

EXCEPCIÓNS:

Persoas que presenten algún tipo de enfermidade ou dificultade respiratoria que se poida ver agravada polo uso da máscara ou que, pola súa situación de discapacidade ou dependencia, non dispoñan de autonomía para quitar a máscara, ou ben presenten alteracións de conduta que fagan inviable a súa utilización.

No caso de que, pola propia natureza das actividade, o uso da máscara resulte incompatible, con arreglo ás indicacións das autoridades sanitarias.

Máis información en: https://coronavirus.sergas.gal

(Marzo 2022) Non é necesario manter corentenas en casos Covid, que serán tratados tal e como prescriba o persoal sanitario e, de ser caso, tramitadas como baixas comúns.

Dende o Sergas seguen a informar que:

Uso do 061 para casos graves e emerxencias e o 881 54 00 45 para dúbidas e síntomas leves

A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número 881 54 00 45 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.

Sinalar, ademais, que o Sergas ten a disposición da cidadanía a páxina web https://coronavirus.sergas.gal/ na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.

Ademais, reitérase o carácter obrigatorio do uso da máscara en espazos interiores.

Recomendacións
Os técnicos da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade volven reiterar as recomendacións consensuadas entre as comunidades autónomas e o Ministerio de Sanidade, e lembran que, en liñas xerais, aconséllase adoptar as medidas de autoprotección e limitación da diseminación do virus común a calquera infección respiratoria, como a gripe.

Así, extremarase a hixiene de mans, lavándoas frecuentemente, especialmente despois de tusir ou soarse, e cubrirase o nariz e a boca cun pano -preferentemente desbotable- ao tusir ou esbirrar, ou se non se dispón de pano, na cara interna do cóbado. Ademais, evitarase tocar os ollos, o nariz e a boca coas mans.

É importante tamén procurar unha axeitada ventilación dos espazos interiores optando preferentemente por espazos abertos e tratando de evitar aglomeracións.

Non se debe esquecer o mantemento da distancia de seguridade, o uso axeitado da máscara e atender ás restricións específicas que se poidan establecer en cada comarca ou concello.



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional