arriba
Xoves, 19-Maio-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


erasmus
Martes, 10-Maio-2022

Convocatoria de tres prazas de Bolsas Eramus+ (Ciclos Superiores) para realizar a FCT (outubro-decembro 2022)

Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (outubro/decembro 2022 - CICLOS SUPERIORES)


Obxecto da convocatoria

Concesión de 2 bolsas Erasmus+ K103 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K103 1 bolsa KA131 dentro do programa 2020-1-ES01-KA103-079157 /2021‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000008012

Ampliación a 1 plaza de Dirección de Cociña con data 180/50/2022


Destinatarios
Alumnado en OFERTA MODULAR/DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no curso 2022-23 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.


Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT.
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.


Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA103 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.


Prazo de presentación de solicitudes

Ampliación do prazo ata o 27 de maio.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 11 de maio de 2022 ata o 27 de maio de 2022.


Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:


Convocatoria de Bolsas Erasmus+ KA103/KA131 para realizar á FCT no primeiro trimestre do curso 2022-2023 (Ciclo Superior)


Podes baixar a solicitude en:

Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA103 para realizar a FCT (Ciclo Superior)



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional