Convocatoria de tres prazas de Bolsas Eramus+ (Ciclos Superiores) para realizar a FCT (outubro-decembro 2022)
Convocatoria de Bolsas Erasmus+ para realizar a FCT (outubro/decembro 2023 - CICLOS SUPERIORES)
Obxecto da convocatoria
Concesión de 3 bolsa Erasmus KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do programa 2022‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000056569
Destinatarios
Alumnado en MODULAR e DISTANCIA, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no primeiro trimestre do curso 2023-2024 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA131 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de maio 2023 ata o 2 de xuño 2023.
Se queres revisar a convocatoria, países, datas e contía preme no seguinte enlace:
Podes baixar a solicitude en:
Solicitude autoeditable Bolsas Erasmus+ KA131 para realizar a FCT (Ciclo Superior)