Acceder á FP Básica. Período de admisión para o curso 2022-2023
Que hai que facer para matricularse?
No caso de alumnado que estea a cursar ensinanzas da ESO que sexa proposto polo equipo docente para incorporarse a un ciclo de grao básico e que teña o consentimento do pai, da nai ou dos/das titores/as legais, será o centro de orixe o encargado de recoller e cargar os datos da solicitude de admisión na aplicación informática. O centro entregará un resgardo da solicitude ás persoas solicitantes e aos seus representantes legais.
No caso de alumnado de FP básica repetidor, 1º ou de 2º curso, ou que promociona a 2º curso a solicitude será presentada no centro onde está matriculado no curso actual.
No resto dos casos (alumnado sen matrícula na ESO que faga 18, 19, 20 anos no de inicio do ciclo formativo) presentarán unha única solicitude de admisión e matrícula, asinada pola persoa solicitante (se esta é menor de idade, ademais deberá ser asinada por calquera dos/das titulares da patria potestade ou representantes legais) segundo o anexo I, no centro no que pretendan ser admitidos.
Documentación a presentar:
Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas
Comunicación de incorporación á formación profesional básica segundo o anexo IV, no caso de alumnado que foi proposto polo equipo docente con 15, 16, ou 17 anos
Certificado de discapacidade, no caso de participar no proceso de admisión pola reserva para persoas con discapacidade
Cal é o período de admisión na FP básica?
Calendario de admisión para o curso 2022-2023
Onde podo cursar un ciclo formativo básico?
Nas seguintes ligazóns poderá consultar a oferta de ciclos formativos de réxime ordinario (grao profesional básico, grao medio e grao superior) para o curso 2022-2023:
Clasificada por familia profesional e ciclo formativo (Pendente de publicación)
Clasificada por provincia e concello (Pendente de publicación)
Fonte e máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/fpbasica