arriba
Martes, 5-Xullo-2022

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


matricula
Mércores, 22-Xuño-2022

Información xeral de admisión. Curso 2022/2023

Instrucións xerais do proceso de admisión

Tedes información nos seguintes enlaces: 
Réxime ordinario e réxime para as persoas adultas
FP dual
Cursos de especialización


Calendario de admisión

Podedes baixar os calendarios de admisión:

Réxime ordinario e réxime para persoas adultas

FP Dual

Cursos de especialización

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión de ciclos:

Réxime ordinario

Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo.

Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan prazas vacantes ao final do proceso.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

FP dual

Acceda á información sobre admisión a FP dual.

Cursos de especialización

Acceda á información sobre admisión a cursos de especialización.

Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (acceso a normativa de admisión)

Fonte e máis información en: http://www.edu.xunta.gal/fp/informacion-xeral



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional