Convocatoria de bolsas Erasmus+ KA131 (Ciclos Superiores) para F.C.T. de marzo/xuño 2023
Convocatoria de Bolsa Erasmus+ KA 131 para F.C.T. de marzo/xuño 2023
Obxecto da convocatoria
Concesión de 6 bolsas Erasmus+ KA 131 de mobilidade de estudantes para facer prácticas en empresas da Unión Europea (SMT), en países con convenio Erasmus+ K131 dentro do programa 2021‐1‐ES01‐KA131‐HED‐000008012
Destinatarios
Alumnado en ORDINARIO, matriculado no CIFP Compostela, nun Ciclo Formativo de Grao Superior, que vaia a realizar o módulo de Formación en Centros de Traballo (FCT) no terceiro trimestre do curso 2022-2023 e estea interesado en realizala en empresas de países da Unión Europea.
Requisitos para participar na selección
Estar matriculado/a no CIFP Compostela nos últimos módulos da oferta dun Ciclo Formativo de Grao Superior.
Reunir os requisitos para poder realizar a FCT .
Ter a nacionalidade española ou posuír a nacionalidade dun país participante no PAP (programa de aprendizaxe permanente) ou de terceiros países, nese caso deberá acreditar que está en posesión dun permiso válido para residir en España durante o período de realización da mobilidade.
É obrigatorio posuír un coñecemento suficiente do idioma en que se recibirá a formación no país de acollida ou en inglés (lingua vehicular de UE). Para iso realizarase unha proba de nivel lingüístico oral e escrito en caso de non presentar a titulación oficial mínima requirida (nivel recomendado B1).
Presentar a solicitude e documentación solicitada dentro do prazo previsto.
Período de estancia
Duración de 2,5 meses (75 días) da bolsa no que se inclúe todo o período da FCT.
O tempo de estadía de formación na empresa é sempre o estimado no convenio Erasmus+ KA131 coa mesma, asi como o indicado no convenio asinado co alumno/a e o CIFP Compostela, independentemente da duración do módulo de FCT.
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 21 de novembro 2022 ata o 02 de decembro 2022.
Podes consultar a Convocatoria no seguinte enlace: Convocatoria Erasmus KA131
Podes baixar a solicitude en: Solicitude autoeditable KA 131