
25N o alumnado de 2º FP Básica contou coa presenza do sociólogo Jorge García Marín
Con motivo da conmemoración do 25N, día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres, o alumnado de 2º FP Básica contou coa presenza do sociólogo Jorge García Marín, profesor da USC.
Falou do feminismo como filosofía liberadora para homes e mulleres, de masculinidades disidentes ou novas masculinidades, e da necesidade de mudar o rol de home para aproximalo a valores de igualdade, afastándose da masculinidade tóxica responsable da violencia de xénero.
Despois do acto ofrecéuselles un pequeno almorzo no gastrobar do centro por xentileza do departamento de Cociña.
Sen dúbida ningunha esta foi unha xornada que ficará na memoria dunha parte moi umportante dun alumnado que en poucos meses abandonará o CIFP Compostela.








