
Poéticas diversas: Tres Pés para un Suso
O pasado 17 de xaneiro tivemos a visita de Os Tres Pés no CIFP Compostela. A banda formada por Roberto Sobrado, Xosé Constela e O Leo presentaron o seu proxecto Tres Pés para un Suso con poemas de Alfredo Brañas, Celso Emilio Ferreiro, Bernardino Graña, Manuel María e Darío Xohán Cabana con música de Suso Vaamonde.
O acto estivo organizado polo EDLG e o club de lectura Caldo de Groria.