
O 14 de febreiro o alumnado de inglés de 1º curso do ciclo XAT Dual participou no XI Encontro Galego de Postcrossing
O 14 de febreiro o alumnado de inglés de 1º curso do ciclo XAT Dual participou no XI Encontro Galego de Postcrossing: Amosa o teu amor polas linguas celebrado na biblioteca da Escola de Idiomas de A Coruña,organizado e coordinado por Diana Pastoriza e profesorado da EOI.
O evento estaba dirixido a practicar a lecto-escritura en diferentes linguas e o noso alumnado participou nas seccións de inglés, galego, castelán e francés.
Foi unha experiencia moi enriquecedora onde tamén tivemos a oportunidade de presentar o proxecto de poscrossing do CIFP Compostela que o alumnado está a desenvolver este curso a través do club de lectura