Día de Rosalía en imaxes
O 23 de febreiro vivimos unha intensa xornada no CIFP Compostela para conmemorar o nacemento da autora Rosalía de Castro organizada polo club de lectura Caldo de Groria e o EDLG.
Queremos agradecer a participación activa por parte do alumnado e profesorado do centro e especialmente ás nosas convidadas de honra, Uxía Senlle e Ana Romaní.
Na quenda de mañá Uxía, acompañada polos múscos Sergio Tannus e Santi Cribeiro presentou o especáculo Uxía canta a Rosalía.
Na quenda de tarde a escritora´, comunicadora e académica Ana Romaní presentou A desvértebra acompañada polo músico Chus Silva.
Non faltou o caldo de groria e a lectura pública de poemas.