Probas de acceso a Ciclos Medios. Convocatoria 2023
Tal e como aparece publicada na páxina web da Consellería de Educación, Formación Profesional e Universidades, a información xeral das proas de acceso a ciclos medios na Convocatoria de 2023, organízase:
Introdución
Información xeral e calendario
Nas seguintes ligazóns poderase consultar a información xeral e o calendario das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional.
Información xeral
Calendario das probas de acceso
Composición dos tribunais
Solicitude de inscrición telemática
Na seguinte ligazón pódese acceder á aplicación informática na que se dispón dun asistente para cubrir a solicitude de inscrición a ciclos formativos de grao medio. O sistema xera unha instancia para imprimir que terá que ser entregada nun centro de inscrición, acompañada da documentación que se indica na propia instancia. O centro procederá a validación dunha copia e entregará outra para a persoa solicitante a efectos de resgardo. En tanto que non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.
- Guía de uso do asistente informático para elaborar a solicitude (Actualizada o 20/02/2023)
- Ligazón á aplicación informática
Listaxes da convocatoria 2023
Na seguinte ligazón poderá consultar as listaxes provisionais e definitivas de admisión, exencións, cualificacións, sedes e lugares de realización das probas de acceso para a convocatoria 2023.
As listaxes iránse actualizando segundo as datas establecidas na Orde pola que se convocan de modo ordinario probas de acceso a ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o ano 2023.
Acceso ás listaxes de solicitudes de inscrición e de exencións.
Listaxe provisoria
Período de reclamación: do 20 ao 24 de marzo, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa nas probas de acceso a grao medio.
- Instrucións para obter o código persoal de consulta
Listaxe definitiva (Pendente de publicación)
Acceso ás listaxes de cualificación.
Listaxe provisoria (Pendente de publicación)
Listaxe definitiva (Pendente de publicación)
Acceso aos lugares e sedes de realización das probas.
Ver lugares e sedes (Pendente de publicación)
Instrucións para a realización das probas (Pendente de publicación)
Acceso aos exames e respostas da convocatoria
Versión amarela (Pendente de publicación)
Versión azul (Pendente de publicación)
Lembre que a normativa sempre prevalece sobre calquera outra información. Esta páxina contén información de carácter xeral extraída da normativa, polo que calquera dúbida ou contradición se resolverá atendendo á normativa vixente (Acceso á normativa de probas)
Información e actualización en: http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual
Fonte: http://www.edu.xunta.gal/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual (Consulta 20/03/2023)