
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE - LOXSE). Curso 2025-2026
Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE-LOXSE) 2025-2026 (Fonte: https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual)
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
Guía rápida sobre como realizar a solicitude
A solicitude web realizarase usando o asistente informático na seguinte ligazón: Asistente informático (Solicitude web)
Nesta convocatoria de probas libres ofértanse tamén os títulos derivados da LOXSE que non foron transformados en títulos LOE:
Ciclo medio de Coidados auxiliares de enfermaría.
Ciclo superior de Dietética.
Ciclo superior de Prevención de Riscos profesionais.
– Corrección de erros. Orde do 5 de abril de 2013
Información admisión probas libres (actualizado a 10/04/2026)
Para coñecer os Requisitos das persoas solicitantes, lugar de presentación de solicitudes, documentación relacionada, prazo de solicitudes de admisión, calendarion de admisión, períodos de reclamación, guías rápidas, adxudicación de prazas ou prazas vacantes, consultade o enlace:
https://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual








