arriba
Sábado, 15-Marzo-2025

 

 
PortadaseparatorNoticias-NovedadesseparatorNoticias-Novedades


probas-libres
Venres, 14-Xuño-2024

Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Curso 2023-2024_CUALIFICACIÓN 1ª PARTE - HORARIOS 2ª PROBA

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

PROBAS LIBRES PARA A OBTENCIÓN DE TÍTULOS DE CICLOS FORMATIVOS DE FORMACIÓN PROFESIONAL (LOE).
CONVOCATORIA: ANO 2024
INFORMACIÓN XERAL SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN A PROBAS LIBRES

O procedemento de admisión realizarase en dúas fases:
- Na primeira fase o centro educativo recollerá a documentación e publicará as listaxes de persoas solicitantes.
- Na segunda, publicarase a listaxe de persoas admitidas.
Todas as listaxes poderán ser consultadas no taboleiro de anuncios do centro público elixido como primeira opción e na páxina web www.edu.xunta.es/fp.

REQUISITOS DAS PERSOAS SOLICITANTES

Lembren que poden elixir matricularse en calquera dos módulos do ciclo formativo adxudicado.
Aquelas persoas matriculadas que non asistan inxustificadamente á xornada de acollemento que terá lugar o luns día 3 de xuño ás 11:30 horas , no salón de actos do CIFP Compostela, ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte.

Os horarios para o desenvolvemento das probas publicaránse no taboeiro de anuncios do centro público elixido como primeira opción, e na páxina web do centro, como adianto infórmase que a primeira parte das probas realizarase na semana do 10 ao 14 de xuño e a segunda parte do 18 ao 21 .

https://cifpcompostela.gal/

Podedes consultar o calendario de admisión da convocatoria actual en (tica na imaxe):

 img#79384

Se queredes consultar as programacións con matrícula no CIFP Compostela acceder a: Programacións de libres do CIFP Compostela.

Tedes acceso aos horarios da primeira parte da proba en:  Horarios Probas Libres 2024_CIFP COMPOSTELA (1ª parte)

Tedes acceso ás cualificacións da 1ª parte da proba e aos horarios da segunda parte da proba en: Cualificacións 1ª parte e horarios Probas Libres (2ª parte)

Para máis información: http://www.edu.xunta.gal/fp/probas-libres-convocatoria-actual



Mais noticias...

XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional

Certificación do sistema de xestión de calidade. Actuación cofinanciada pola Unión Europea.