Dentro do Programa ERASMUS + visitáronnos alumnado e profesorado do Istituto Istruzione Superiore "Ignazio e Vicenzo Florio"
Dentro do programa ERASMUS + recibimos esta semana a visita de alumnado e profesorado do Istituto Istruzione Superiore "Ignazio e Vicenzo Florio" en Trapani provincia de Sicilia.
O grupo que nos visitou estaba formado polas docentes Valentina e Claudia e dez alumnas e alumnos que están a cursar os estudos de cociña e servizos neste instituto italiano.
O alumnado de 1º de Xestión de Aloxamentos turísticos encargouse de amosar e explicar o noso centro pero tamén durante o percorrido uníronse personaxes tan senlleiros coma Breogán, Exeria, Rosalía de Castro, Santiago Apóstolo e mesmo meigas.