arriba
Sábado, 23-Outubro-2021

 

 


Bolsas e ofertas de emprego

Bolsas

Recorden que o prazo para solicitar as bolsas do Ministerio de Educación (MEC) remata o 30 de setembro de 2021 tanto para alumnado con necesidades específicas como para o resto do alumnado. Para información e solicitudes prema na seguinte ligazón:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/formacion-profesional.html

Bolsa de emprego

O CIFP Compostela, pon a disposición do seu alumnado e para empresas colaboradoras unha bolsa de emprego, coa que pretendemos axudar na busca de emprego nas diferentes especialidades impartidas ao longo da historia do centro. Este servizo é gratuíto para todo o alumnado matriculado e antigo alumnado, que desexe incorporarse a algunha das prazas de traballo ofertadas.

Se estudas ou estudaches no CIFP Compostela só tes que darte de alta nesta web en Emprego / Bolsa de emprego

Lembra que a  rede europea para a busca de emprego EURES desenvolveu un portal específico: Drop'pin@EURES para xuventude desempregada, na que poden consultarse diversas ofertas de prácticas, voluntariado, ...

Deixámosvos un acceso para consultala:  img#16182


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional