arriba
Sábado, 23-Outubro-2021

 

 
PortadaseparatorOferta educativaseparatorAdmisión e matrícula_2021-2022


Admisión e matrícula_2021-2022


Oferta

A formación profesional no sistema educativo comprende un conxunto de ciclos formativos, tanto de grao medio como de grao superior, cunha organización en módulos e con contidos teórico-practicos que teñen como finalidade a adquisición das competencias necesarias para unha inserción laboral satisfactoria e o desempeño de diversas profesións.

Nesta ligazón poderás atopar a oferta formativa de ciclos formativos de grao medio e de grao superior por familias profesionais.

Información da páxina da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

Admisión

Para estudar formación profesional, tanto no réxime ordinario como no de persoas adultas nos centros docentes sostidos con fondos públicos, é necesario participar nun proceso de admisión. Este proceso determina os requisitos de acceso que deben cumprir os solicitantes, así como os prazos de presentación de solicitudes e matrícula.
Tes máis información en: Ven á FP (Fonte:http://www.edu.xunta.es/fp/category/seccions-de-fp/ven-fp)

Calendario_Réxime ordinaria e persoas adultas

Podedes baixalo no seguinte enlace: Calendario de admisión

Admisión a FP dual
Que é a FP dual?

É unha modalidade de formación profesional que ten como finalidade a cualificación profesional das persoas nun réxime de alternancia de actividade laboral nunha empresa coa actividade formativa nun centro educativo.

Folleto da FP dual
Guía básica de FP dual (Actualizada o 29/05/2020)

Oferta

Na seguinte ligazón atopará a oferta de prazas en ciclos formativos na formación profesional dual para o curso 2020-2021:

Clasificada por provincia en concello (pdf) (Actualizada o 25/06/2020)

Requisitos das persoas solicitantes

Ter 18 anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Documentación

A solicitude de admisión obtida a través do asistente web deberá ir acompañada da seguinte documentación:

A solicitude de admisión, anexo I, código de procedemento ED513A. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae

Calendario _ Dual

Podedes baixar o calendario

Máis información: https://www.edu.xunta.es/fp/formacion-profesional-dual-en-galicia

Servizos en liña da Consellería de Cultura, Educación e Universidade

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade pon a disposición a aplicación CICLOS ADMISIÓN , esta aplicación informática permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Cultura, Educación e Universidade. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.

No seguinte vídeo atoparedes axuda do asistente web para realizar unha solicitude de admisión a ciclos formativos:

 img#42814

Consulta máis información no Portal de FP da Consellería de Educación, no seguinte enlace:

 img#28612

Fonte: https://www.edu.xunta.es/fp/


XUNTA DE GALICIA, CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN, UNIVERSIDADE E FORMACIÓN PROFESIONAL

Ministerio Educación e Formación Profesional